O rei Filipe VI defendeu o multilateralismo en «tempos de incerteza» na inauguración do Foro La Toja

O monarca durante a súa intervención, que comezou en galego, na inauguración do Foro La Toja Vínculo Atlántico 2025, que este ano centra os seus relatorios na nova orde mundial, constatou que esa orde «está a cambiar». Ademáis advertiu de que a linguaxe da concertación «é substituída pola da coerción e a violencia», e puxo como exemplos os conflitos en Ucraína, Gaza, O Sudán ou no Sahel, á vez que chamou a «reforzar» o multilateralismo. Nese sentido, lembrou que a ONU naceu con esa vontade, aínda que hoxe está sometida «a unha intensa campaña de descrédito» e «presenta signos de fatiga institucional» que limitan a súa capacidade de resposta. Filipe VI defendeu o espírito de concordia da Transición como una «guía moi valiosa» ante o desafío de construír unha nova orde mundial nestes tempos con «claros e escuros»,  en que a linguaxe da concertación é reemprazada pola da coerción e violencia.

Related posts

Unha persoa excarcerada tras envorcar o seu vehículo no Corgo

Medio Rural aposta pola formación e a innovación no cultivo de grelo en Galicia

Morre un home e unha muller resulta ferida grave en Cuntis nun accidente de tráfico contra un camión