Durante algo máis dunha hora, o rei, con máscara e luvas como medida de prevención, percorreu parte das instalacións sanitarias habilitadas nos dous pavillóns do recinto xunto ao ministro de Sanidade, Salvador Illa, e a de Defensa, Margarita Robles.
A visita, que non se anunciou previamente, desenvolveuse tomando as precaucións fixadas polas autoridades sanitarias, polo que o monarca non accedeu aos espazos xa ocupados por pacientes e usuarios, informaron fontes da Casa Real.
O rei e as autoridades, que mantiveron unha distancia de seguridade entre eles, asistiron a unha reunión en que o director do novo hospital, Antonio Zapatero, lles explicou os detalles da posta en marcha do centro sanitario nun tempo récord debido á gravidade da crise. e que foi habilitado para desconxestionar os centros hospitalarios da capital.
Os primeiros pacientes ingresaron en Ifema na noite do pasado sábado despois de que a Comunidade de Madrid acondicionara o recinto en apenas dous días coa colaboración da Unidade Militar de Emerxencias.