Filipe VI era recibido este xoves polo presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo e por numerosas autoridades, entre eles, o presidente do Parlamento e o delegado do Goberno en Galicia. O empresario chantadino Amancio López Seijas, presidente do Grupo Hotusa, organizador deste foro, encargábase de darlles a benvida. Durante tres días, empresarios, políticos, intelectuais e académicos debaterán sobre numerosas cuestións. Entre elas, analizar o presente e o futuro atendendo aos cambios tecnolóxicos, a situación das democracias liberais e os novos modelos políticos que as cuestionan.
Entre os asistentes, nomes de peso como os ex-presidentes Felipe González e Mariano Rajoy. Estará tamén o presidente en funcións, Pedro Sánchez. O foro conta coa intervención de 20 relatores do máis alto nivel. Entre outros, o presidente de Inditex, Pablo Isla.