O Rei non propón candidato, eleccións á vista o 10 de novembro

O Rei pechou este martes a segunda rolda de consultas sen propoñer un candidato á investidura. Pedro Sánchez non logrou pactar nin con Pablo Iglesias nin con Albert Rivera. Tampouco conseguiu a abstención de Pablo Casado, polo que España vese abocada á repetición electoral, segundo comunicou á presidenta do Congreso, Meritxell Batet, tras reunirse con Felipe VI en Zarzuela. Con este escenario político as eleccións xerais repetiranse o 10 de novembro.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha