O rei propón a Sánchez como candidato á Presidencia do Goberno

Felipe VI designou ao presidente en funcións e líder do PSOE, Pedro Sánchez, como candidato á Presidencia do Goberno, tras pechar a segunda rolda de consultas celebrada tras a investidura errada de Alberto Núñez Feijóo. Así o anunciou a presidenta do Congreso, Francina Armengol, que non deu data do pleno de investidura. O monarca pechou este martes a rolda cos principais líderes- Sánchez e Feijóo- aos que recibiu no Palacio da Zarzuela.

Tras eses encontros, Armengol acudiu á chamada do rei, que lle comunicou que Sánchez é o novo candidato. Sinalou que só convocará un novo pleno de investidura coa nova candidatura cando as negociacións políticas «estean maduras». «Os tempos estaban moi marcados e taxados, tense ata o 27 de novembro e entendo que agora hai que facer as negociacións oportunas para poder facer unha investidura con apoios suficientes e que saia adiante», deixou claro.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha