España, unidade e Constitución, é o resumo do discurso que pronunciou esta Noiteboa Felipe VI na súa tradicional mensaxe de nadal.
Durante os case 12 minutos que durou a súa intervención, o rei pronunciou máis dunha decena de veces as palabras Constitución e España. Ao comezo, despachou “as dificultades económicas e sociais” nun único parágrafo, onde se referiu ao emprego, a sanidade, a educación, a violencia contra a muller ou o acceso á vivenda dos mozos.
A carta marga, que este ano cumpriu 45 anos, como lembrou o rei, é para o monarca “o mellor exemplo da unión e convivencia entre españois”, e engadiu que esa convivencia está baseada en “sentimentos compartidos e na procura do benestar común e a prosperidade de todos”.