O rei Xoán Carlos regulariza con Facenda 4 M€


O rei Xoán Carlos realizou unha nova regularización fiscal por rendas non declaradas durante varios exercicios que suman máis de oito millóns de euros de pagos en especie, polos que pagou  máis de catro millóns á Axencia Tributaria. O rei emérito presentou unha declaración voluntaria ante a Axencia Tributaria por oito millóns de euros pagados pola Fundación Zagatka, propiedade de Álvaro de Orleans, cos que se abonaron gastos do rei emérito, especialmente viaxes en avións privados. Os pagos realizáronse ata o 2018, con posterioridade á abdicación en Filipe VI en xuño de 2014, momento en que Xoán Carlos I perdeu o privilexio da inviolabilidade que tiña como xefe de Estado. O rei aparecería como beneficiario desta fundación. Casa Real explicou que Xoán Carlos I descoñecía esta información e engadiu que, se efectivamente era así, renunciaba a ela.