O rei Xoán Carlos volve a pasar polo quirófano

Vai ser sometido a unha intervención cirúrxica cardíaca este sábado, 24 de agosto, unha operación programada tras a súa última revisión médica periódica anual.

O rei emérito someteuse os días 11 e 12 de xuño a esa revisión na que, segundo a Casa Real, constatouse a necesidade de programar esa intervención para finais de agosto.

A operación, da que non se deron detalles, realizarase na clínica Quirón de Pozuelo de Alarcón, en Madrid.

A última operación do monarca foi como consecuencia dunha lesión cutánea por sobreexposición ao que se lle extirpou de maneira preventiva cunha curación total, segundo informou a Zarzuela o 10 de abril.

Ademais, o anterior xefe do Estado pasou polo quirófano o 7 de abril do ano pasado, cando se lle substituiu a protése que se lle implantou no xeonllo dereito en 2011.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha