O Reino Unido comeza xaneiro como terminou o caótico decembro, sumido nas folgas, que se multiplicarán ao longo de todo o mes, sacudindo a infinidade de sectores. O sector ferroviario marca a pauta, con catro días de parón convocado polo sindicato RMT, que representa a decenas de miles de traballadores do operador estatal de ferrocarrís e de 14 empresas ferroviarias privadas.
E ós traballadores do sector ferroviario vanse a sumar ao longo deste mes outros moitos: os dos autobuses de Londres ou os das autoestradas. Tamén volverán á folga os condutores de ambulancias e as enfermeiras, en plena crise do sistema sanitario británico e cos servizos de urxencias desbordados.
O descontento social esténdese, mentres o Goberno se manten inflexible ante as reivindicacións dos folguistas e mesmo estuda endurecer a normativa sobre o dereito a folga.