O Reino Unido celebrará eleccións anticipadas o 12 de decembro

1 minutes read

A Cámara dos Comúns aprobou este martes unha lei que permite ao primeiro ministro británico, o conservador Boris Johnson, convocar unhas eleccións xerais anticipadas o próximo 12 de decembro. Por 438 votos a favor fronte a 20, superou o seu último trámite na Cámara baixa a lexislación proposta polo Goberno, que contaba co visto e prace dos principais partidos da oposición. Espérase que o texto reciba así mesmo o respaldo da Cámara dos Lores antes do próximo 6 de novembro, cando o Parlamento debe quedar disolto para cumprir cos prazos legais que rexen a convocatoria das comicios no Reino Unido.