O Reino Unido despediuse da Unión Europea

1 minutes read

É unha imaxe histórica. A bandeira do Reino Unido foi retirada do Parlamento Europeo de Bruxelas e doutras institucións comunitarias. Por primeira vez, o club perde ao que, cos seus altibaixos, foi un dos seus principais membros durante 47 anos. Comeza agora un período de transición que durará en principio ata o 31 de decembro e no que Londres e os seus ata o de agora socios deberán buscar acordos en materias fundamentais. O Brexit, lonxe de terminar, emprende unha nova etapa. A chanceler alemá, Angela Merkel, considera que o divorcio supón un «cambio radical» para o bloque mentres que para o presidente francés, Emmanuel Macron, é un «sinal de alarma histórica». A máxima autoridade comunitaria, Ursula Von Der Leyen, avisa: «Queremos a mellor relación posible co Reino Unido, pero non será tan boa como durante a súa membresía». E as tarefas do primeiro ministro británico Boris Johnson multiplícanse: ademais dunhas duras negociacións con Bruxelas, terá que lidar cunha sociedade moi dividida.