O remanente líquido de tesourería da Laracha supera os 2,7 millóns

1 minutes read

Como magnitudes máis significativas, o orzamento definitivo de gastos e ingresos elévase ata os 12.088.352,95 euros, o que supón un incremento próximo ao dezasete por cento con respecto ás previsións iniciais.

Os servizos económicos municipais destacan nos informes o alto nivel de execución orzamentaria, alcanzando o 99,92 % no referido ao abono das obrigas recoñecidas, dato que debe analizarse conxuntamente co estrito cumprimento da lei contra a morosidade nas operacións comerciais, xa que en todos os trimestres foron respectados os prazos legalmente establecidos para o pagamento das facturas.

O balance da liquidación do exercicio económico 2018 avala as políticas municipais desenvolvidas tanto no último ano como nos anteriores, baseadas na xestión responsable dos recursos dispoñibles para manter a cobertura en infraestruturas, instalacións e programas que se prestan desde o Concello da Laracha, sen acudir ao endebedamento ou á enaxenación de bens e conxelando os tributos e taxas municipais.