O renovado albergue xuvenil de Cabana acolleu os seus primeiros hóspedes

Primeiros hóspedes no albergue xuvenil de Cabana_Cedida

  • Durante os meses de xullo e agosto haberá un ciclo de actividades deportivas

O albergue xuvenil Alalá Terra e Sons de Cabana acolleu os seus primeiros grupos de hóspedes despois da inauguración das renovadas instalacións o pasado 11 de xuño. Con estas reservas iniciou tamén o seu ciclo de actividades deportivas que se prolongará durante os meses de xullo e agosto.

Entre as primeiras agrupacións de mozos que se achegaron a pasada fin de semana ao establecemento atópase a Escola de Tempo Libre ‘Anoando’, de Brión. Aproveitando as xornadas solleiras e de boa temperatura, a rapazada espremeu ao máximo a proximidade á praia do Pendón, o paseo marítimo e as rutas de sendeirismo. Segundo explicaron desde ‘Anoando’, «a experiencia foi sobresaínte e serviunos para descubrir o enorme potencial de Cabana como destino turístico».