O ata o de agora líder de VOX en Malpica, Javier Ferreiro, emitiu un comunicado este martes informando os seus compañeiros, votantes, simpatizantes e afiliados que o pasado día 5 de xaneiro, informou á dirección provincial de VOX na Coruña, que non participará en ningunha actividade electoral para as seguintes eleccións autonómicas. O motivo, di, é simplemente, “o desacordo deste humilde militante coas formas e o rumbo que está a tomar a actual dirección provincial de VOX na Coruña… Por eso decidín tomar a decisión de apartarme da primeira liña do partido”.
“Quero aproveitar para dar as grazas por todo o apoio e colaboración recibida nestes anos, e sobre todo agradecer aos votantes que nestas últimas eleccións municipais elixiron a papeleta de VOX, a cal eu encabezaba”, concluíu Javier Ferreiro.
22