O Rexenera Fest encherá de cor o barrio carballés da Lagoa 

1 minutes read

Este ano o festival internacional de arte pública de Carballo vén disposto a encher de cor o barrio máis antigo da vila: A Lagoa. Cinco das novas creacións que se sumarán ao museo ao aire libre situaranse nas rúas Túnel, Carpinteiros e Oriente, e haberá unha sexta no IES Parga Pondal, na outra punta do mapa urbano, que tamén será escenario dun taller de muralismo para un grupo de estudantes do centro. Alegría del Prado, Maz, Elena González, Alberto Montes, Susana Blasco e Iota asinarán as novas creacións do museo de arte urbana de Carballo.

O Rexenera Fest inclúe estoutras actividades paralelas: 

  • Xogos de pistas para familias: do 1 ao 11 de xuño, para todos os públicos e con inscrición de balde en rutas@rexenerafest.gal ou no teléfono 981 702 077. Recolle as primeiras pistas no Museo de Bergantiños e acada o teu premio! 
  • Ruta guiada: 11 de xuño ás 12.00 horas. Actividade para todos os públicos con inscrición de balde en rutas@rexenerafest.gal ou no teléfono 981 702 077. Saída dende o Museo de Bergantiños. 
  • Concerto: 9 de xuño, con Dios Ke Te Crew e Familia Caamagno.