A teocrácia iraní responde con condenas a morte para as persoas detidas durantes as manifestacións antigubernamentais que sacuden ó país dende finais de setembro.
Tres persoas foron sentenciadas á forca este mércores, o que eleva a cinco o número de condenados dende o domingo. Un deles estaba acusado de matar a un policía, outro de apuñalar a un garda de seguridade e o terceiro de danar a propiedade pública e provocar terror.
As protestas antigunernamentais estalaron a finais de setembro, despois de que se fixera público que unha muller kurda de 22 anos, Mahsa Amini, morrera a mans da policía tras ser detida por levar mal posto o velo.
As manifestacións extendéronse por todo o país a pesar da brutal represión que deixou polo menos 326 mortos, segundo a ONG Iran Human Rights, e mais de 2.000 detidos. Moitos destos últimos poderían enfrentarse á pena capital.