O curso universitario 2019-20 dará comezo de forma oficial desde a Maestranza da Coruña
O próximo 30 de setembro A Coruña contará coa presenza do Rey de España, Felipe VI, xa que será o encargado de inaugurar o novo curso académico 2019-2020 na Universidade da Coruña.
Foi a propia institución quen comunicou este acto solemne que terá lugar no Reitorado da Universidade da Coruña na Cidade Vella, e que marcará a apertura do curso académico a nivel nacional.
O ano pasado a figura que deu o pistoletazo de saída ao novo ano académico foi o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.
Feijóo e o reitor da UDC, Julio Abalde Alonso, serán os encargados de recibir ao Rey nun acto ao que tamén asistirá o presidente de Conferencia de Reitores das Universidades Españolas, José Carlos Gómez Villamandos.
Julio Abalde recibirá al rey para inaugurar el curso universitario español en la UDC. Curso del repunte en la matrícula, de nuevas carreras tecnológicas. También será el curso de elecciones y ya anuncia que competirá por la reelección https://t.co/WIhBbUhFh7@lavozdegalicia