O Rei pide entendemento para esta nova lexislatura

O Rei Filipe VI nun acto

  • O monarca espera que se produzan acordos baixo a Constitución e lembrou que «España debe ser de todos e para todos”

Este luns celebrouse a sesión de apertura da XIV lexislatura na que o Rei Filipe VI fixo un chamamento ao entendemento para conseguir pactos e acordos baixo á Constitución e para manter a concordia, pois “España non pode ser duns contra outros. España debe ser de todos e para todos”.

Sen a presenza dos deputados independentistas cataláns, vascos e galegos, pero co aplauso do vicepresidente Pablo Iglesias e os ministros de Podemos, a familia real foi recibida con unidade desde o Executivo.

No interior do congreso volveu haber problemas cos asentos nas bancadas, pois membros de Vox ocuparan sitios do PSOE e de Unidas Podemos, movéndose despois da mediación do seu portavoz.

Agora iníciase unha intensa actividade parlamentaria coa aprobación dos orzamentos e a mesa de diálogo con Cataluña como principais retos.