38
Nova xornada de calor a que se vivíu en case toda Galicia. Ribadavia con 37 graos marcou a máxima de España. Seguida de Ourense que estivo por riba dos 36 e medio. Calor tamén na costa que non chegou a estes valores pero que rexistrou máximas por riba dos 30 graos. Temperaturas que encheron os areais de bañistas.