O río Xallas ameaza granxas e asolaga un albergue ao rebordar en Mazaricos

1 minutes read

A chuvia deixou este luns 110 l/m2 en Santa Comba, foi necesario abrir as comportas do encoro da Fervenza e o río Xallas rebordou en varios puntos de Dumbría e Mazaricos. A primeira hora da tarde a auga entrou no albergue de Ponte Olveira, en Corzón. Preocupaba tamén que a enchente entrase en varias explotacións gandeiras. A semana comezou cun aviso laranxa por chuvias no oeste da provincia da Coruña, que deixaba rexistros acumulados de 120 litros por metro cadrado en Lousame ou 110 en Santa Comba. Os refachos de vento acadaron os 114 Km/h en Viveiro e máis de 90 en Cuntis e Vimianzo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?