O Rock Carballo volve aos Venres Culturais


Amenaza de Muerte, The Cerne, Strobos, Quercus Blues, Eoe e Versión Imposible protagonizarán unha nova edición de Rock Carballo, a cita coa música ao vivo que as agrupacións carballesas van creando e arranxando ao longo do ano. Pop, rock, deathcore… melodías de todos os estilos e cancións propias mesturadas con versións dos clásicos soarán no auditorio nunha das noites melómanas máis esperadas polo público de Carballo e de toda a comarca.