O rock regresou a Malpica por todo o alto

O rock regresou a Malpica tempo despois da man da Concellaría de Turismo e Festexos. Con Alfredo Cañizo á fronte, o departamento organizou o festival Malpica Rock no que actuaron agrupacións locais e internacionais. A cita celebrouse na rúa principal do centro urbano. Foron moitos os veciños que, pese ó mal tempo característico destas datas, se animaron a gozar da boa música. Unha carpa colocada polo Concello serviu de moita axuda neste sentido.

Ambigüo, de A Laracha; El puto Antón e artistas convidados; 58 Shots, de Francia, e Recambios Tucho deleitaron ós asistentes coas súas interpretacións. Esta música xa ten o seu percorrido na localidade, con eventos consolidados como referentes a nivel galego.
«Seguimos traballando para dinamizar a vila da vida na Costa da Morte», afirmaron desde a organización do evento. Foi a antesala do Nadal, datas para as que xa hai programadas numerosas actividades.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha