‘O rural de todas’, o novo documental da Deputación no que participarán as mulleres de Muxía

1 minutes read
  • Haberá unha sesión informativa o mércores 29 de xullo de 10:30 a 13:30 horas no Salón do Voluntariado

O Concello de Muxía participará no proxecto audiovisual da Deputación da Coruña ‘O rural de todas’. Entre os obxectivos deste proxecto atópase a creación dun documental colaborativo sobre a historia de vida das mulleres de Muxía no rural; concienciar e sensibilizar á cidadanía do legado das mulleres rurais ao desenvolvemento da provincia ou sensibilizar á sociedade sobre a igualdade e a loita contra a violencia de xénero.

Trátase dun proxecto interxeracional e colaborativo, e para o desenvolvemento do mesmo terá lugar unha sesión informativa o mércores 29 de xullo de 10:30 a 13:30 horas no Salón do Voluntariado. A participación é totalmente de balde, aínda que é necesario inscribirse.

O Concello puxo a disposición das persoas interesadas, rapaces de 10 a 17 anos, a folla de inscrición na súa conta oficial de Facebook, xa que se necesita permiso dos titores legais. A concelleira de Igualdade, Olalla Benlloch alude á ‘importancia de reivindicar un rural en feminino e poñer en valor a memoria cultural e colectiva do noso rural desde unha perspectiva de xénero’.