O rural maniféstase contra as «ameazas» que sofre o sector


Miles de agricultores, gandeiros e outros traballadores do mundo rural manifiestáronse este domingo en Madrid nunha gran marcha coa que pretenden denunciar «as ameazas continuas» que sofre o sector primario por «intereses ideolóxicos e económicos» que poñen en perigo a súa subsistencia. A marcha, convocada pola Asociación para o Desenvolvemento e Defensa do Mundo Rural (Alma), que engloba a máis de 500 asociacións do sector primario, e arrincou ao mediodía da Praza de San Juan da Cruz de Madrid, fronte ao Ministerio de Transición Ecolóxica, e concluíu catro horas despois na praza de Carlos V, en Atocha, onde se atopa o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Os manifestantes -uns 6.000, segundo fontes da Delegación do Goberno en Madrid-, chegaron desde todos os puntos de España portando parcartas en defensa da agricultura, a gandería, a pesca ou a caza e coreando cánticos como ‘Si, si, si, o campo xa está aquí». Na marcha participaron 40 tractores, 50 cabalos, 15 carros tirados por bois, cans de traballo e mascotas, así como aves de cetrería.