- Este sábado, de 20:30 a 21:30 horas, apagaranse as luces de toda a Praza do Concello con motivo da Hora do Planeta
Carballo celebra esta fin de semana o Día Forestal Mundial con dúas actividades que teñen como obxectivo repoboar o municipio coa árbore que lle dá nome. Este sábado, 48 nenos achegaranse ata unha parcela no polígono industrial de Bértoa para traspasar á terra as landras plantadas en macetas no ano 2018 no Horto Infantil Ecolóxico Municipal.
Ao día seguinte, e aproveitando a feira, o Concello de Carballo colaborará coa Asociación Ambiental Senda Nova no reparto de 50 carballos autóctonos entregados en macetas biodegradable que poden plantarse directamente na terra.
Apagado do alumeado público da Praza do Concello
Coma en edicións anteriores, o Concello de Carballo sumarase este sábado á Hora do Planeta, unha iniciativa da ONG de protección da natureza WWF coa que se pretende demostrar que xa non hai volta atrás e que todos somos parte da solución ao cambio climático. Por este motivo, apagaranse as luces de toda a Praza do Concello e a iluminación especial da Casa Consistorial que, dende este venres e ata o domingo, loce de cor amarela a petición da asociación galega de mulleres con endometriose, para visibilizar unha patoloxía que afecta a milleiros de mulleres.