O SAL acada bos resultados no Campionato de España infantíl e cadete

A pasada fin de semana desprazáronse ata terras cántabras 9 deportistas (Álvaro Hidalgo, Froilán Pensado, Lucía Añón, Martina Sanz, Eloy Ferreiro, Luis Negreira, Nicolás Mosquera, Pablo Nicolás Rodríguez e Anxo López), do Salvamento Acuático Laracha, que lograron os seguintes resultados:

-Nico Mosquera: 13° en carreira con nipper, e 5° en bandeiras infantil masculino.

-Anxo López: 6° en bandeiras infantil masculino

-Eloy Ferreiro: 9° en bandeiras infantil masculino

-Álvaro Hidalgo: 10° en bandeiras cadete masculino

  • Relevo Infantil Masculino: 3° e bronce en relevo sprint praia (Eloy, Luis, Anxo e Nico Mosquera), e 7° en salvamento con tubo de rescate (Pablo Nicolás, Anxo, Eloy e Nico Mosquera).

Na clasificación xeral da categoría INFANTIL MASCULINO, quedaron como TERCEIRO MELLOR CLUB DE ESPAÑA.

Para o próximo fin de semana, Noelia Loureiro buscará tamén bos resultados en Zarautz (Guipúzcoa) no Campeonato de España Junior.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha