O SAL completa unha meritoria participación en Castellón cun bronce nacional para Pedro Caamaño

O Club Salvamento Acuático Laracha – SAL asinou unha notable participación no XIV Spanish Open Spring Championship, unha das citas de maior nivel do calendario estatal de salvamento e socorrismo, competindo con solvencia fronte a algunhas das mellores entidades do país.

A expedición do SAL estivo formada polos nosos deportistas Gabriela Paulos García, Iria Barreiro Matos, Juan Martín Rodríguez Lafuente, Lucía Añón Sánchez, Luis Negreira Mariño, Pedro Caamaño Verdía, Shaila Rodríguez Rodríguez e Sofía Mata López, xunto co noso adestrador, Borja, representando ao club nas categorías Xuvenil, Júnior e Absoluta.

O campionato volveu evidenciar o crecemento deportivo da entidade, o compromiso colectivo do grupo e a boa liña de traballo desenvolvida ao longo da tempada.

Pedro Caamaño, bronce de España e novo récord galego

Un dos grandes resultados do campionato chegou da man de Pedro Caamaño Verdía, que acadou a medalla de bronce nacional na proba de 100 metros socorrista Xuvenil, subindo ao podio estatal tras unha actuación sobresaliente.

Ademais, Pedro detivo o crono en 56:11, marca que supón novo récord galego, mellorando a anterior plusmarca autonómica de 58:47, vixente desde o ano 2019.

O seu campionato completouse tamén con outros excelentes resultados individuais:

  • en 100 m. remolque con aletas
  • en 50 m. remolque
  • 12º en 200 m. supersocorrista

Tamén destacou Lucía Añón Sánchez, que conseguiu clasificarse como 4º junior e con ese tempo logrou entrar a esixente Final B Absoluta de 100 metros socorrista, reservada unicamente aos mellores tempos globais do campionato, sen distinción de idade.

Na categoría Júnior completou ademais un gran campionato cos seguintes resultados:

  • en 50 m. remolque de maniquí
  • en 100 m. remolque con aletas
  • en 200 m. supersocorrista

Related posts

A Xunta vén de solicitar ao Goberno central que suspenda de inmediato a reforma do Regulamento de Costas 

O Concello da Laracha organizará un novo obradoiro dual de emprego coa colaboración da Xunta

O futuro da enxeñería aeroespacial deuse cita no aeródromo de Cerceda