O salario mínimo subirá ata os 1.000 euros ao mes

Así o anunciou este mércores a vicepresidenta segunda do Goberno, Yolanda Díaz, nunha rolda de prensa cos líderes dos sindicatos despois de alcanzar un pacto con CCOO e UXT para subscribir un aumento de 35 euros mensuais no salario mínimo. A patronal, que xa expresara as súas reservas sobre a subida, finalmente caeuse do pacto. Por tanto, o salario mínimo interprofesional crecerá ata os 1.000 euros ao mes en 14 pagas -14.000 euros brutos ao ano- con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro.

Os líderes dos sindicatos mostráronse moi satisfeitos por unha subida que consegue «romper un teito que parecía moi difícil» traspasar, o dos 1.000 euros, en palabras de Pepe Álvarez. O secretario xeral da UXT, ademais, criticou a negativa da patronal para subscribir o pacto lembrando que en 2018 xa acordou que os salarios suxeitos a convenio fosen de 1.000 euros como mínimo, e acusou á CEOE de «obcecación». «Se hoxe non houbese salarios de convenio por baixo de 1.000 euros, a subida do salario mínimo tería pouca afectación, pero a patronal non cumpriu» co acordado, concluíu.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha