O salón náutico Boot Düsseldorf acolleu a campaña ‘Amárrate a Galicia’

1 minutes read

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, promocionou esta pasada semana no salón náutico Boot Düsseldorf a campaña Amárrate a Galicia para impulsar o sistema portuario galego como acceso do turismo ao territorio da comunidade. Con esta finalidade, a presidenta do ente público, Susana Lenguas, visitou a feira, referente do sector náutico-recreativo en toda Europa e na que Portos e Turismo de Galicia participaron cun expositor.  

A representante do ente portuario autonómico asistiu a este evento en representación do sector náutico coa finalidade de establecer contactos comerciais que supoñan a maior difusión posible para os portos deportivos da comunidade e promocionen os seus servizos para atraer navegantes que dinamicen o turismo non só nas vilas portuarias senón tamén na súa contorna.

Na feira, que se celebrou na cidade alemá desde o pasado día 21, promocionouse a Guía Náutica de Galicia, unha ferramenta online que recolle toda a información dos peiraos deportivos galegos -estatais e autonómicos- de cara a atraer navegantes que recalen nestas instalacións.

No marco da campaña Amárrate a Galicia, Portos de Galicia incorporou nesta guía
-dispoñible na web www.guianautica.gal un apartado denominado A unha hora do barco no que se enlazan algúns dos principais referentes turísticos na contorna dos portos con información práctica para a súa visita.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?