O salón social do Pazo da Cultura de Carballo reabre as súas portas este luns

0 minutes read
  • O local estará aberto de 16.00 a 21.00 horas

Este luns o salón social do Pazo da Cultura carballés volve abrir as súas portas tras as restricións sanitarias motivadas pola pandemia. A veciñanza da terceira idade poderá facer uso do local en horario de 16.00 a 21.00 horas.

Desde o Concello solicitan que os usuarios respecten as medidas de prevención da Covid-19 como a máscara e a distancia social.