O Salón Teatro de Santiago estrea a produción do Centro Dramático Galego, ‘Serva me, servabo te’

O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle este venres 10 de setembro a estrea da nova produción propia do Centro Dramático Galego (CDG), Serva me, servabo te, onde permanecerá ata o 26 deste mes. A compañía ofrecerá un total de once funcións, de xoves a domingo, que, como vén sendo habitual, incluirán sesións descontraídas e encontros co público todas as semanas, así como unha representación final inclusiva.

Serva me, servabo te (axúdame e axudareiche, en latín) é un espectáculo no que a dramaturxia xorde desde o movemento e o xesto, e coa que o CDG visibiliza o seu apoio ás novas linguaxes escénicas. Creada e dirixida por Belén Bouzas, Diego M. Buceta e Fran Martínez, a peza aborda a liña que separa a violencia do afecto, ademais de reivindicar o corpo como material que iguala sen distincións. Deste xeito, o escenario, no que se fantasía co derrubamento dun edificio de vinte alturas, preséntase como un corpo nu ante a inmensidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha