O Club Salvamento Acuático Laracha (SAL) asinou unha actuación extraordinaria nun intenso fin de semana de competicións da Liga Española de Clubes, acadando resultados de máximo nivel nas categorías Infantil, Cadete-Xuvenil e Absoluta, consolidándose como unha das entidades de referencia do salvamento deportivo galego.
SÁBADO 24 DE XANEIRO DE 2025 | ARTEIXO
III XORNADA INFANTIL NORTE – LIGA ESPAÑOLA DE CLUBES
Na primeira hora da tarde do sábado, as instalacións acuáticas de Arteixo acolleron a III Xornada Infantil Norte, onde o Club SAL se proclamou CAMPIÓN XERAL da competición, logrando un dobrete histórico ao acadar a 1ª posición tanto en Infantil Feminino como en Infantil Masculino.
Resultados destacados:
Primeiras posicións (ouro):
- Borja Blanco Lopez: proclamouse vencedor no 100 m remolque de maniquí pequeno con aletas, sumando ademais un excelente 2º e 3º posto noutras probas.
- Julia Bolon Collazo: acadou a 1ª posición no 100 m remolque de maniquí pequeno con aletas e no 50 m remolque de maniquí pequeno.
- Joel Landeira Suarez: logrou a vitoria no 100 m socorrista infantil e a 2ª posición no 100 m remolque.
- Sabela Paulos Garcia: conseguiu o 1º posto no 100 m socorrista infantil e dous subcampionatos nas probas de remolque de maniquí.
O equipo de relevos do SAL dominou a proba de 4×50 m relevo socorrista mixto, acadando a 1ª posición.
Podios e Top 10:
- Carmen Domínguez Fariña: 4ª en 100 m remolque e 10ª en 100 m socorrista.
- Izan Rama Pose: 5º en 50 m remolque, 6º en 100 m socorrista e 7º en 100 m remolque.
- Isaac Mancebo Martinez: 7º en 50 m remolque, 8º en 100 m remolque e 10º en 100 m socorrista.
- Lucas Chouciño Sotelo: 2º en 50 m remolque, 4º en 100 m socorrista e 5º en 100 m remolque.
- Martina Lavandeira Pose: 5ª en 100 m socorrista e 50 m remolque, e 9ª en 100 m remolque.
- Noa Queijo Couselo: 4ª en 100 m socorrista e 50 m remolque, e 8ª en 100 m remolque.Tamén remataron en posicións de Top 10 Hugo Bello Añón, Noa Parga Mosquera, Emma Barreiro Barbeito e Gabriel Gavin Mouzo.
Mención especial para Hugo Sande Varela, Iria Martínez Manteiga, Lola Negreira Mariño, Lucia Lamas Perez, María Castro Abelenda, Santiago Martínez Rey, pola súa entrega e compromiso, sumando puntos fundamentais para o éxito colectivo.
SÁBADO 24 DE XANEIRO DE 2025 | ARTEIXO
III XORNADA 2ª DIVISIÓN ABSOLUTA – LIGA ESPAÑOLA DE CLUBES
Xa na tarde do sábado a continuación dos infantís, o Club Salvamento Acuático Laracha asinou unha actuación histórica ao proclamarse CAMPIÓN ABSOLUTO da III Xornada da 2ª División da Liga Española de Clubes, logrando a 1ª posición na clasificación xeral final.
Este éxito foi posible grazas ao dominio absoluto tanto da categoría Masculina como da Feminina, ambas campioas nas súas respectivas clasificacións.
Resultados destacados (Top 10):
- Borja Diez García: 4º posto en 200 m supersocorrista.
- Gabriela Paulos García: 2ª posición en 100 m socorrista e 5ª posición en 50 m remolque de maniquí.
- Iria Barreiro Matos: 2ª posición en 50 m remolque de maniquí.
- Juan Martín Rodríguez Lafuente: 2º posto en 100 m socorrista e 2º posto en 200 m supersocorrista.
- Luis Negreira Mariño: 1º posto en 100 m socorrista e 1º posto en 200 m supersocorrista.
- Martín Pensado Mariño: 5º posto en 100 m socorrista e 8º posto en 50 m remolque de maniquí.
- Miguel Salorio Campi: 5º posto en 200 m supersocorrista e 7º posto en 50 m remolque de maniquí.
- Noelia Loureiro Serrano: 1ª posición en 100 m socorrista e 1ª posición en 50 m remolque de maniquí.
- Sofía Mata López: 5ª posición en 100 m socorrista.
Relevos:
O equipo do SAL impúxose na proba de 4×50 m relevo socorrista mixto, acadando a 1ª posición.
DOMINGO 25 DE XANEIRO DE 2025 | CARBALLO
III XORNADA CADETE-XUVENIL NORTE – LIGA ESPAÑOLA DE CLUBES
Na mañá do domingo, a piscina municipal de Carballo foi o escenario da III Xornada Cadete-Xuvenil Norte, onde o Club Salvamento Acuático Laracha proclamouse SUBCAMPIÓN XERAL da competición, finalizando na 2ª posición da clasificación xeral.
O equipo Cadete acadou a 2ª posición na súa categoría, mentres que o equipo Xuvenil pechou a xornada cun meritorio 3º posto, confirmando o excelente traballo de base do club.
Categoría Cadete – resultados destacados:
- Alba Vázquez Gende: 8ª en ambas probas.
- David Becerra Ramos: 9º en ambas probas.
- Hugo Ferreño Varela: 1º posto no 200 m supersocorrista e 2º posto no 100 m remolque de maniquí con aletas.
- Julia Insua Rico: 3ª posición no 200 m supersocorrista e 5ª posición no 100 m remolque.
- Manuel Liñares Vilariño: 4º e 8º.
- María García Ferreiro: 4ª e 7ª.
- Simón Caamaño Verdía: 3º posto no 200 m supersocorrista e 3º posto no 100 m remolque de maniquí con aletas.
Tamén remataron en posicións de Top 10. Nos relevos, o equipo Cadete-Xuvenil acadou o 1º e 2º posto no 4×25 m remolque de maniquí e a 1ª posición no 4×50 m relevo socorrista mixto.
Categoría Xuvenil – resultados destacados:
- Shaila Rodríguez Rodríguez: 3ª posición no 200 m supersocorrista e 4ª posición no 100 m remolque.
- Sofía Mata López: 2ª posición no 100 m remolque de maniquí con aletas e 4ª posición no 200 m supersocorrista.
Completaron o Top 10:
- Ángela García Pazos.
- Lía Parga Mosquera
- Paula Vilar Romero
Nos relevos, o equipo Xuvenil acadou o 1º posto no 4×25 m remolque de maniquí e a 2ª posición no 4×25 m socorrista mixto.
Mención especial para Ainara Naveira Sánchez, Darío González Santos, Martina Díaz Franco, Marcela Ponte Viñas, Uxue Casal Pan, pola súa excelente participación e achega de puntos ao equipo.
AGRADECEMENTOS E COMPROMISO CO FUTURO
Desde o Club Salvamento Acuático Laracha queren expresar o seu máis sincero agradecemento aos deportistas polo seu esforzó, o equipo técnico polo seu traballo constante e pola aposta decidida pola formación continua dos deportistas, clave para o rendemento deportivo e para o crecemento persoal dentro e fóra da piscina.
Estes resultados non serían posibles sen o esforzo diario da directiva, o apoio imprescindible das familias dos deportistas, que acompañan, animan, traballan de forma voluntaria e sosteñen este proxecto con compromiso, ilusión e sentimento de pertenza. O traballo silencioso de cada persoa que forma parte do SAL é a base sobre a que se constrúe cada éxito deportivo.
O Club SAL continúa a medrar día a día cun proxecto sólido e sostible, aliñado cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), promovendo valores como a igualdade, a educación de calidade, o traballo en equipo, a inclusión e a vida saudable. A través do deporte, foméntase unha formación integral que vai máis alá da competición.
Este modelo permite non só formar deportistas, senón tamén reter talento e atraer novos socorristas, consolidando unha canteira forte e comprometida, na que cada neno e nena atopa un espazo para crecer, mellorar e soñar.
O Club Salvamento Acuático Laracha segue avanzando con paso firme, mellorando día a día e demostrando que o esforzo colectivo, a planificación e a paixón polo salvamento son o camiño para construír futuro.
PRÓXIMAS CITAS DA TEMPADA DE PISCINA E PRAIA
Tras este exitoso fin de semana, o Club Salvamento Acuático Laracha afronta agora as fases decisivas da tempada de piscina, con importantes citas autonómicas e estatais nas que o SAL volverá estar presente en todas as categorías:
• 21 de febreiro: Campionato Galego de Piscina Infantil, en Riazor (A Coruña).
• 28 de febreiro: Fase Final da Liga Española de Clubes – 2ª División Absoluta, en Arteixo.
• 1 de marzo: Campionato Galego de Piscina Máster, en Caldas de Reis.
• 7 e 8 de marzo: Campionato Galego de Piscina Cadete-Xuvenil, en Carballo.
• 14 e 15 de marzo: Campionato Galego de Piscina Xuvenil e Absoluto, en Ourense, pechando ata esa data a tempada de piscina.
A partir do mes de abril darán comezo as primeiras xornadas da tempada de praia, abrindo unha nova etapa competitiva na que o Club SAL continuará a medrar e competir coa mesma ilusión, compromiso e espírito de superación.
Sobre o Club Salvamento Acuático Laracha (SAL)
O Club Salvamento Acuático Laracha é unha entidade deportiva de referencia en Galicia, especializada en salvamento deportivo e comprometida coa formación integral de deportistas de tódalas idades. Con mais de 80 licenzas federativas, o club desenvolve a súa actividade en A Laracha (A Coruña), promovendo o deporte como ferramenta de desenvolvemento persoal, cohesión social e vertebración territorial, en liña cos (ODS) Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da Axenda 2030.
FONTE OFICIAL FESSGA