O Salvamento Acuático Laracha asinou unha actuación extraordinaria esta fin de semana na Liga Española de Clubes

O Club Salvamento Acuático Laracha (SAL) asinou unha actuación extraordinaria nun intenso fin de semana de competicións da Liga Española de Clubes, acadando resultados de máximo nivel nas categorías Infantil, Cadete-Xuvenil e Absoluta, consolidándose como unha das entidades de referencia do salvamento deportivo galego.

SÁBADO 24 DE XANEIRO DE 2025 | ARTEIXO
III XORNADA INFANTIL NORTE – LIGA ESPAÑOLA DE CLUBES

Na primeira hora da tarde do sábado, as instalacións acuáticas de Arteixo acolleron a III Xornada Infantil Norte, onde o Club SAL se proclamou CAMPIÓN XERAL da competición, logrando un dobrete histórico ao acadar a 1ª posición tanto en Infantil Feminino como en Infantil Masculino.

Resultados destacados:

Primeiras posicións (ouro):

  • Borja Blanco Lopez: proclamouse vencedor no 100 m remolque de maniquí pequeno con aletas, sumando ademais un excelente 2º e 3º posto noutras probas.
  • Julia Bolon Collazo: acadou a 1ª posición no 100 m remolque de maniquí pequeno con aletas e no 50 m remolque de maniquí pequeno.
  • Joel Landeira Suarez: logrou a vitoria no 100 m socorrista infantil e a 2ª posición no 100 m remolque.
  • Sabela Paulos Garcia: conseguiu o 1º posto no 100 m socorrista infantil e dous subcampionatos nas probas de remolque de maniquí.

O equipo de relevos do SAL dominou a proba de 4×50 m relevo socorrista mixto, acadando a 1ª posición.

Podios e Top 10:

  • Carmen Domínguez Fariña: 4ª en 100 m remolque e 10ª en 100 m socorrista.
  • Izan Rama Pose: 5º en 50 m remolque, 6º en 100 m socorrista e 7º en 100 m remolque.
  • Isaac Mancebo Martinez: 7º en 50 m remolque, 8º en 100 m remolque e 10º en 100 m socorrista.
  • Lucas Chouciño Sotelo: 2º en 50 m remolque, 4º en 100 m socorrista e 5º en 100 m remolque.
  • Martina Lavandeira Pose: 5ª en 100 m socorrista e 50 m remolque, e 9ª en 100 m remolque.
  • Noa Queijo Couselo: 4ª en 100 m socorrista e 50 m remolque, e 8ª en 100 m remolque.Tamén remataron en posicións de Top 10 Hugo Bello Añón, Noa Parga Mosquera, Emma Barreiro Barbeito e Gabriel Gavin Mouzo.

Mención especial para Hugo Sande Varela, Iria Martínez Manteiga, Lola Negreira Mariño, Lucia Lamas Perez, María Castro Abelenda, Santiago Martínez Rey, pola súa entrega e compromiso, sumando puntos fundamentais para o éxito colectivo.

SÁBADO 24 DE XANEIRO DE 2025 | ARTEIXO
III XORNADA 2ª DIVISIÓN ABSOLUTA – LIGA ESPAÑOLA DE CLUBES

Xa na tarde do sábado a continuación dos infantís, o Club Salvamento Acuático Laracha asinou unha actuación histórica ao proclamarse CAMPIÓN ABSOLUTO da III Xornada da 2ª División da Liga Española de Clubes, logrando a 1ª posición na clasificación xeral final.

Este éxito foi posible grazas ao dominio absoluto tanto da categoría Masculina como da Feminina, ambas campioas nas súas respectivas clasificacións.

Resultados destacados (Top 10):

  • Borja Diez García: 4º posto en 200 m supersocorrista.
  • Gabriela Paulos García: 2ª posición en 100 m socorrista e 5ª posición en 50 m remolque de maniquí.
  • Iria Barreiro Matos: 2ª posición en 50 m remolque de maniquí.
  • Juan Martín Rodríguez Lafuente: 2º posto en 100 m socorrista e 2º posto en 200 m supersocorrista.
  • Luis Negreira Mariño: 1º posto en 100 m socorrista e 1º posto en 200 m supersocorrista.
  • Martín Pensado Mariño: 5º posto en 100 m socorrista e 8º posto en 50 m remolque de maniquí.
  • Miguel Salorio Campi: 5º posto en 200 m supersocorrista e 7º posto en 50 m remolque de maniquí.
  • Noelia Loureiro Serrano: 1ª posición en 100 m socorrista e 1ª posición en 50 m remolque de maniquí.
  • Sofía Mata López: 5ª posición en 100 m socorrista.

Relevos:
O equipo do SAL impúxose na proba de 4×50 m relevo socorrista mixto, acadando a 1ª posición.

DOMINGO 25 DE XANEIRO DE 2025 | CARBALLO
III XORNADA CADETE-XUVENIL NORTE – LIGA ESPAÑOLA DE CLUBES

Na mañá do domingo, a piscina municipal de Carballo foi o escenario da III Xornada Cadete-Xuvenil Norte, onde o Club Salvamento Acuático Laracha proclamouse SUBCAMPIÓN XERAL da competición, finalizando na 2ª posición da clasificación xeral.

O equipo Cadete acadou a 2ª posición na súa categoría, mentres que o equipo Xuvenil pechou a xornada cun meritorio 3º posto, confirmando o excelente traballo de base do club.

Categoría Cadete – resultados destacados:

  • Alba Vázquez Gende: 8ª en ambas probas.
  • David Becerra Ramos: 9º en ambas probas.
  • Hugo Ferreño Varela: 1º posto no 200 m supersocorrista e 2º posto no 100 m remolque de maniquí con aletas.
  • Julia Insua Rico: 3ª posición no 200 m supersocorrista e 5ª posición no 100 m remolque.
  • Manuel Liñares Vilariño: 4º e 8º.
  • María García Ferreiro: 4ª e 7ª.
  • Simón Caamaño Verdía: 3º posto no 200 m supersocorrista e 3º posto no 100 m remolque de maniquí con aletas.

Tamén remataron en posicións de Top 10. Nos relevos, o equipo Cadete-Xuvenil acadou o 1º e 2º posto no 4×25 m remolque de maniquí e a 1ª posición no 4×50 m relevo socorrista mixto.

Categoría Xuvenil – resultados destacados:

  • Shaila Rodríguez Rodríguez: 3ª posición no 200 m supersocorrista e 4ª posición no 100 m remolque.
  • Sofía Mata López: 2ª posición no 100 m remolque de maniquí con aletas e 4ª posición no 200 m supersocorrista.

Completaron o Top 10:

  • Ángela García Pazos.
  • Lía Parga Mosquera
  • Paula Vilar Romero

Nos relevos, o equipo Xuvenil acadou o 1º posto no 4×25 m remolque de maniquí e a 2ª posición no 4×25 m socorrista mixto.

Mención especial para Ainara Naveira Sánchez, Darío González Santos, Martina Díaz Franco, Marcela Ponte Viñas, Uxue Casal Pan, pola súa excelente participación e achega de puntos ao equipo.

AGRADECEMENTOS E COMPROMISO CO FUTURO

Desde o Club Salvamento Acuático Laracha queren expresar o seu máis sincero agradecemento aos deportistas polo seu esforzó, o equipo técnico polo seu traballo constante e pola aposta decidida pola formación continua dos deportistas, clave para o rendemento deportivo e para o crecemento persoal dentro e fóra da piscina.

Estes resultados non serían posibles sen o esforzo diario da directiva, o apoio imprescindible das familias dos deportistas, que acompañan, animan, traballan de forma voluntaria e sosteñen este proxecto con compromiso, ilusión e sentimento de pertenza. O traballo silencioso de cada persoa que forma parte do SAL é a base sobre a que se constrúe cada éxito deportivo.

O Club SAL continúa a medrar día a día cun proxecto sólido e sostible, aliñado cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), promovendo valores como a igualdade, a educación de calidade, o traballo en equipo, a inclusión e a vida saudable. A través do deporte, foméntase unha formación integral que vai máis alá da competición.

Este modelo permite non só formar deportistas, senón tamén reter talento e atraer novos socorristas, consolidando unha canteira forte e comprometida, na que cada neno e nena atopa un espazo para crecer, mellorar e soñar.

O Club Salvamento Acuático Laracha segue avanzando con paso firme, mellorando día a día e demostrando que o esforzo colectivo, a planificación e a paixón polo salvamento son o camiño para construír futuro.

PRÓXIMAS CITAS DA TEMPADA DE PISCINA E PRAIA

Tras este exitoso fin de semana, o Club Salvamento Acuático Laracha afronta agora as fases decisivas da tempada de piscina, con importantes citas autonómicas e estatais nas que o SAL volverá estar presente en todas as categorías:

• 21 de febreiro: Campionato Galego de Piscina Infantil, en Riazor (A Coruña).
• 28 de febreiro: Fase Final da Liga Española de Clubes – 2ª División Absoluta, en Arteixo.
• 1 de marzo: Campionato Galego de Piscina Máster, en Caldas de Reis.
• 7 e 8 de marzo: Campionato Galego de Piscina Cadete-Xuvenil, en Carballo.
• 14 e 15 de marzo: Campionato Galego de Piscina Xuvenil e Absoluto, en Ourense, pechando ata esa data a tempada de piscina.

A partir do mes de abril darán comezo as primeiras xornadas da tempada de praia, abrindo unha nova etapa competitiva na que o Club SAL continuará a medrar e competir coa mesma ilusión, compromiso e espírito de superación.

Sobre o Club Salvamento Acuático Laracha (SAL)

O Club Salvamento Acuático Laracha é unha entidade deportiva de referencia en Galicia, especializada en salvamento deportivo e comprometida coa formación integral de deportistas de tódalas idades. Con mais de 80 licenzas federativas, o club desenvolve a súa actividade en A Laracha (A Coruña), promovendo o deporte como ferramenta de desenvolvemento persoal, cohesión social e vertebración territorial, en liña cos (ODS) Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da Axenda 2030.

FONTE OFICIAL  FESSGA

Related posts

Gran fin de semana dos atletas da A.D. Fogar en Ribadavia, Córdoba e Ourense

O balonmán feminino vivirá este domingo en Carballo unha tarde de homenaxe a tres xogadoras do Xiria

O Calvo Xiria afronta este sábado un desprazamento vital ás Canarias