17
O San Lorenzo de Verdillo converteuse este domingo en equipo de Primeira Autonómica tras gañar a a súa primeira Liga da Costa a dúas xornadas para finalizar a competición. Os carballeses cumpriron ao impoñerse ao Coristanco en As Pedreiras, pero debían esperar unha picada do Corme na súa visita a Cee, e así foi. O equipo de Dani Casal venceu con solvencia, por 2-0 aos da terra da Pataca, cos tantos de Jairo e Iván Rojo.