O San Xoán resiste á pandemia

Actuación de Tu futura ex-mujer

Carballo viviu o día grande das «non-festas» resistindo aos prexuízos da pandemia, tratando de pasar páxina e volver poder ter unhas festas normais canto antes. O alcalde, Evencio Ferrero, realizou a tradicional ofrenda ao patrón ao mediodía na misa celebrada na igrexa parroquial. Acto seguido a banda municipal ofreceu un pequeno concerto a portas do Concello en sintonía co mercado do xoves.

Actuación da banda municipal na Praza do Concello.

O bo tempo acompañou durante toda a xornada, pero a falta de barracas, cantinas, garrapiñadas e montaxe de orquestras lévannos a pensar que calquera tempo pasado foi mellor. Xa a última hora da tarde unha combinación de grupos locais sacaron as teas de araña, que seguramente boa falta facíalle, aos bafles e instrumentos. Chicharrón, Tu futura ex-mujer e Lowcos foron os encargados de poñer o ritmo a unha ordenada posta en escena adaptada á época que nos toca vivir. A cita para este venres está na misa e posterior procesión do Santísimo. Xa pola tarde-noite con actuacións de Quercus Blues e Elvis Negro.

Público sentado durante a actuación de Tu futura ex-mujer.
Protección Civil encargouse de que todo estivese perfectamente coordinado e controlado.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha