O Banco Santander rebaixa as condicións do ERE que quere aplicar na entidade. Agora, propón prescindir de 3.800 traballadores en vez dos 4.000 das primeira proposta. A cambio, quere recolocar noutras empresas do grupo a 1.200 empregados, douscentos máis que nun primeiro momento. Os sindicatos aplauden o avance pero insisten en que seguirán traballando para reducir a destrución de emprego.
Doutra banda, a entidade aceptou manter as primas de adhesión, a falta de concretar a proposta, así como retirar a mobilidade xeográfica de 400 quilómetros e entre illas e limitar a mobilidade máxima a 150 quilómetros. Para CCOO, estes avances seguen sendo aínda insuficientes e volve esixir reducir o número de traballadores que van saír do grupo. A próxima reunión será este xoves 3 de decembro.
O axuste tamén traerá aparellado o peche de sucursais, de ao redor de 900 ou 1.000, sendo este último o tope, o que supón un recorte do 32% da rede, que conta con 3.110 oficinas. A entidade financeira xustificou este recorte por “causas económicas, produtivas e organizativas”.