O Santuario da Virxe da Barca, sede do ciclo Vilancicos de Galegos

1 minutes read
  • A agrupación Vox Stellae actuará en Muxía o sábado, 31 de xullo, ás 20:30 horas

O Santuario de Virxe da Barca de Muxía e a igrexa de San Martiño de Noia, dous templos emblemáticos moi ligados á historia xacobea, acollerán os Vilancicos de Galegos. Nesta edición, a agrupación compostelá Vox Stellae será a encargada de interpretar unha selección de trece pezas realizadas por compositores foráneos nos séculos XVII e XVIII.

No caso de Muxía a cita terá lugar o sábado, 31 de xullo, ás 20:30 horas. As persoas interesadas poderán apuntarse no teléfono do departamento de cultura 981 742 001 en horario de 9:00 a 13:30 horas.

Esta iniciativa, que conta coa colaboración do Concello de Muxía, pretende difundir contidos en lingua galega, así como poñer en valor o patrimonio cultural e as rutas das peregrinacións xacobeas.

O alcalde, Iago Toba, destacou «a honra» que supón para a localidade acoller unha cita tan especial e significativa, facendo fincapé en que o Santuario de Virxe da Barca é un «lugar idóneo para este tipo de actos».