O secretario xeral da ONU defende o diálogo para solucionar o conflito catalán


O secretario xeral de Nacións Unidas está de visita oficial en España. Antonio Guterres foi recibido polo rei Filipe VI e polo presidente do Goberno. Ante Pedro Sánchez, Guterres avogou polo diálogo para resolver o conflito con Cataluña. Tamén fixo un chamamento para que as partes implicadas no conflito do Sáhara acepten o novo mediador da ONU tralo rexeitamento dos últimos 13 candidatos.