O sector atuneiro amosa en Vigo o seu potencial

O sector do atún ponse á cabeza da cuarta revolución industrial aplicando as últimas novidades tecnolóxicas nos seus procesos. A automatización chega a esta industria con robots colaborativos, softwares que permiten adiantarse ás necesidades a bordo ou máquinas que cunha soa imaxe e en poucos segundos miden os niveis de aceite, graxa e sal do produto.

Son as últimas novidades que se expoñen durante a celebración da Conferencia Mundial do Atún que se celebra estes días en Vigo. Nel a elite mundial do sector do atún debateu e analizou os principais problemas e retos do sector para os próximos anos. Coinciden en avanzar cara á industria 4.0 para mellorar en eficiencia e competitividade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha