O sector das orquestras e feirantes piden axudas urxentes

0 minutes read

Os feirantes e as orquestras están nunha situación desesperada, polo que piden un rescate urxente para o sector. O presidente da asociación galega, Manuel Fariña, di que precisan axuda dado que non van poder traballar, porque á xente «preocúpalle ir á festa, ponlle medo». Malia que poden traballar, na práctica non hai quen as contrate. Levan meses sen ingresos e piden axuda para resistir ata que volva a festa. Varias persoas destes colectivos concentráronse diante do edificio da Xunta en Santiago para pedir unha solución a esta problemática.