O sector do ocio nocturno afirma que a maioría dos locais cumpren coa normativa sanitaria

La Luna.

Responsables do ocio nocturno afirman que a maioría destes locais cumpren coa normativa para evitar os contaxios da Covid-19. Pero tamén piden a implicación e a colaboración dos clientes e mostran a súa inquedanza pola deriva que está a tomar a situación, que está afectando ao sector. «A posiblidade de que haxa unha siuación na que se teñan que volver a unha fase anterior, a fase dúas ou a fase tres, está aí é algo que non podemos obviar. Nós o que temos que facer é cumprir coas medidas como local de ocio, asegurarnos que a xente que acode as respecte», afirma o xerente dun local de ocio nocturno. Aínda así, dixo, tomaron medidas preventivas. Entre elas facerlle as probas a todo o persoal, que deron negativas e desinfectar todo o local cunha empresa especializada.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha