O sector do turismo pide axudas para salvar o seu tecido empresarial


Desde o Clúster de Turismo de Galicia aseguran que Galicia conseguiu salvar a temporada de verán nos meses de xullo e agosto, aínda que con cifras de ocupación moi alonxadas ás do ano pasado. Pero os datos de setembro xa non serán bos.
Cesáreo Pardal Presidente do Clúster de Galicia “non temos datos, pero as previsións non son nada boas, xa que roldará o 20 por cento de ocupación, unha cifra moi alonxada do 65 por cento de ocupación do ano pasado”. Para sobrevivir, o sector turístico é consciente de que se ten que reinventar e adaptar á nova situación. Desde o sector e desde a Xunta din que traballan en varias medidas para conseguir manter o seu tecido empresarial, dado que o turismo representa moito máis do 10 por cento do PIB e perigan máis de 30.000 postos de traballo”.