Dúas representantes do sector dos salóns de peiteado e beleza, Irina Salgado, coordinadora en Galicia da Plataforma Peluqueros Unidos de España, e Asunción Catoira, presidenta da Asociación Estilistas Coruñeses ECIPA, mantiveron unha xuntanza co alcalde, Evencio Ferrero, e co concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira, para poñer sobre a mesa distintas problemáticas que afectan ao sector e que se ven agravadas a consecuencia da COVID-19. A principal reivindicación do colectivo é acadar unha maior visibilización como sector que tamén presta unha importante función social, pois, ademais da estética, atenden as necesidades de moitas persoas dependentes ou de avanzada idade para as cales o lavado do cabelo e o peiteado é unha cuestión de hixiene. Xosé Regueira, que tamén é vicepresidente da Deputación da Coruña, comprometeuse coas representantes do sector a xestionarlles unha xuntanza con responsables da área de Promoción Económica da institución provincial.
48