O sector turístico continua liderando a creación de emprego en España

1 minutes read

O sector turístico continúa liderando a creación de emprego en españa achegando 4 de cada 10 novos empregos e xa representan o 13% do total de afiliados na economía nacional. «O ritmo de creación de emprego en actividades turísticas no primeiro semestre do ano foi histórico cunha media de 53.000 empregos novos mensuais, o que indica que o proceso de vacinación, xunto co mecanismo de ERTES, e o escudo social aprobado polo Goberno para protexer o emprego e ás empresas durante os peores momentos da pandemia, está a mostrarse como unha ferramenta eficaz para a recuperación do sector turístico», sinalou Reyes Maroto. Para a titular de Turismo, «o sector está a resistir ben o efecto da inflación e será un dos sectores que máis vai contribuír á recuperación económica e á xeración de emprego este ano. Esta situación está a ter o seu reflexo tamén na mellora da calidade do emprego, grazas á reforma laboral aprobada polo Goberno».

O emprego aumentou en todas as ramas de actividade. A hostalería gañou 238.422 afiliados (149.995 nos servizos de comidas e bebidas e 88.427 nos servizos de aloxamento); as outras actividades turísticas aumentaron en 87.649 afiliados, mentres nas axencias de viaxes houbo un incremento de 5.484 traballadores. En hostalería e axencias de viaxes/operadores turísticos conxuntamente, sectores que representan o 69,7% do total de afiliados en alta laboral á Seguridade Social en turismo, os afiliados aumentaron en taxa interanual un 15,4%. Este aumento foi debido tanto ao incremento dos asalariados (19,4%), que representan o 81% do total no sector, como ao dos autónomos (0,8%).