O sector turístico continua liderando a creación de emprego

O mes de xullo pechou con 2.702.645 afiliados á Seguridade Social vinculados a actividades turísticas, o que supón un crecemento interanual do 5,6% e a creación de 143.524 novos empregos, segundo os datos difundidos hoxe por Turespaña. Así, xullo é o cuarto mes consecutivo no que se supera a cifra de afiliados en comparación co idéntico mes de 2019 (2.617.860). O sector turístico continúa liderando a creación de emprego no noso país, representando o 13,3% do total de afiliados na economía nacional.

«Os bos datos de emprego mostran que o turismo será un dos sectores que máis vai contribuír á xeración de emprego e á recuperación económica este ano. Ademais, está a mellorar a calidade do emprego, grazas á reforma laboral aprobada polo Goberno», sinalou a ministra do ramo, Reyes Maroto.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha