O sector turístico da Coruña poderá contar co selo SICTED de calidade turística, unha metodoloxía desenvolvida pola Secretaría de Estado de Turismo para os servizos turísticos dun destino. A alcaldesa, Insés Rey, e o concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego, presentaron ao sector este sistema de certificación de calidade, referente no ámbito nacional e internacional, que axudará a incrementar a eficiencia no día a día dos establecementos e que contribuirá a mellorar o posicionamento da Coruña como destino. O Concello da Coruña, a través do Consorcio de Turismo e Congresos, inicia así a campaña de captación para a obtención deste selo de calidade turística. Os establecementos que desexen iniciar este proceso xa poden adherirse: deben ter domicilio social no destino (A Coruña) e asinar o protocolo de adhesión SICTED. O Consorcio de Turismo e Congresos facilita o acceso á adhesión a este selo de calidade de forma totalmente gratuíta, ofrecendo asesoría e auditoría.