O Semáforo de Fisterra certificado con selo garantía Galicia Calidade

  • Os restaurantes A Tafona (Santiago de Compostela) e Paprica (Lugo) tamén alcanzaron a certificación tras superar os requisitos establecidos pola marca de garantía da Consellería de Economía, Emprego e Industria

O Semáforo de Fisterra localízase nunha construción de 1888 anexa ao Faro de Fisterra, que naceu co obxectivo de avisar aos navegantes da perigrosidade marítima da zona. No ano 1999 a antiga sede de vixilancia transformouse nun hotel delicatessen e restaurante con encanto. Todo o establecemento está decorado con produtos galegos gourmet.

Pola súa banda, o restaurante do Semáforo conta con unha ampla oferta gastronómica centrada nos produtos de Galicia. Trátase dunha cociña de mercado e de tempada, que recupera pratos tradicionais da zona de Fisterra baseados en produtos coma o longueirón, lumbrigante, berberechos ou as ameixas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha