O Sendeiro de Saldoiro de Caión volve lograr o distintivo ‘Sendeiro Azul’

A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) anunciou este venres os resultados do Xurado do programa Sendeiros Azuis, que inclúe un ano máis, por undécimo consecutivo, o galardón para o Sendeiro de Saldoiro de Caión.

ADEAC recoñece, así, o tramo do paseo marítimo de 1,5 quilómetros de distancia que bordea a costa desde a praza Eduardo Vila Fano ata o arroio Figueirido como un valiosos recurso para a interpretación ambiental, o desfrute da natureza e a realización de actividades deportivas e de ocio ao aire libre, destacando tamén o compromiso do Concello na súa recuperación e posta en valor.

En toda España hai 128 Sendeiros Azuis, dos cales 49 son itinerarios galegos pertencentes a 27 concellos diferentes, once deles na provincia da Coruña.

O Concello da Laracha tamén presentou a ADEAC as candidaturas para que a praia de Caión conte de novo coa Bandeira Azul no próximo verán, e tamén para repetir distintivo de Centro Azul de educación ambiental no Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha