O Sergas acada un novo acordo no ámbito do Plan de Ordenación de Atención Primaria

2 minutes read

A xerente do Servizo Galego de Saúde, Estrella López Pardo, presidiu unha nova xuntanza da Mesa sectorial de Sanidade, na que o Sergas e as organizacións sindicais acordaron as liñas de actuación e o cronograma no marco negociador do Plan de Ordenación de Recursos Humanos de Atención Primaria.

Na reunión, na que participaron os representantes das organizacións sindicais: CIG, CCOO, CSIF, SATSE e UXT; tamén participaron a directora xeral de Recursos Humanos do Sergas, Ana Comesaña Álvarez; e a directora xeral de Planificación e Ordenación Sanitaria, Sofía López Linares. Así, o Servizo Galego de Saúde e os sindicatos CCOO, CSIF, SATSE e UGT asinaron o documento, á espera da decisión de adhesión da CIG que será comunicada nos vindeiros días.

O Acordo é froito de varias reunións previas, onde se acolleron a maior parte das alegacións presentadas e que sentan as liñas prioritarias de negociación, cun horizonte temporal que non vai mais aló do presente ano 2023.

Entre as medidas a destacar, o modelo actual de atención primaria vese reforzado con este Acordo con novos incentivos vinculados ao desempeño de quendas de tarde e deslizantes, por entender que ditas quendas son de maior dificultade de cobertura en todas as categorías profesionais.  

En canto as medidas dirixidas á captación de profesionais, o Acordo contempla a oferta de contratos estables de 3 anos de duración ao persoal residente que termina este ano, tanto no caso da Medicina familiar e comunitaria como no de Pediatría, co obxectivo de facer atractivo o traballo por mor da súa garantía de estabilidade. Esta oferta, que incluirá postos de Médico de Familia en centros de saúde e PACs, e postos de FEAP, respectará as expectativas do persoal fixo nos concursos de traslados, polo que se adiantará a súa resolución a antes do verán.  

Así mesmo, tamén se contempla o impulso e incentivación do exercicio das titorías tanto de medicina de familiar, como de enfermería especialista, na liña do proxecto de decreto que está en trámite.

Outra novidade a destacar é que a Administración sanitaria comprométese a iniciar unha negociación das condicións de traballo e retributivas do persoal residente en formación, como medidas de incentivación e retención.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?