O Sergas conta con seguimento ás persoas con Covid-19 que non precisan ingreso hospitalario

dpm.

O Servizo Galego de Saúde failles un seguimento (a través do teléfono ou da aplicación Telea).

A plataforma de telemonitorización en domicilio, que xa existía desde hai uns anos en certas áreas sanitarias, orientouse para poder axudar os infectados de coronavirus en dous niveis: un na atención primaria, para as persoas que deran positivo e outro para os que recibiron a alta e precisan un control regular.

Os profesionais sanitarios aseguran que esta ferramenta lles proporciona seguridade aos doentes. Os pacientes teñen que tomar a temperatura e o nivel de saturación de osíxeno unhas tres veces ao día, se algún dos valores non é o adecuado o equipo de enfermería dá aviso aos profesionais médicos.